Serra aberta

Baixa o carreiro entre uces e carqueixas, zinzagueante, duvidoso, para abeirar os prados das vagadas e, nunha revolta, entrar nos soutos e nos rueiros do lugar, pendurados nas encostas. As ondas dos castiñeiros poñen abaixo unha onda de verdor entre os tellados.

O Agro, como din os vellos, é lugar fermoso, de ar lizgairo, unha brisiña maina no verán, augas de fontes cantareiras, estíos frescos e invernos nevosos. Polo norde inmensos cumios núos arrodean e cinguen o recanto onde encosta o lugar; polo sur, montañas e montañas azuis, violeta, rosadas, van descendendo en suaves curvas, crestas de laxe ispidas onde aniñan as aguias, fondos plegamentos onde cantan os corgos.


Fogo solto
Eduardo Moreiras


Fotografía de Roque Soto

Comentarios

Publicacións populares