As flores nunca se dobregan co ballón


A través dos corredores do sono, máis alá das profundas e escuras sombras, a miña mente baila e brinca confusamente. Non sei que é real, non podo captar o que sinto e agóchome trala coiraza da ilusión. Por iso, unha e outra vez seguirei finxindo que a miña vida nunca se acabará e que as flores nunca se dobregan co ballón.
O espello colgado na miña parede devólveme unha imaxe escura e pequena, pero non estou convencido en absoluto de que sexa o meu reflexo. Estou cegado pola luz de Deus, da verdade e a xustiza, e demabulo sen rumbo pola noite.
Por iso, unha e outra vez seguirei finxindo que a miña vida nunca acabará e que as flores nunca se dobregan co ballón.
Non importa se naciches para facer de rei ou de peón, porque a liña entre as penas e alegrías é de trazo moi fino.
E así, a miña fantasía faise realidade, e non me queda máis remedio que ser o que debo ser e enfrontarme á mañá.
Por iso unha e outra vez seguirei finxindo que a miña vida nunca acabará e que as flores nunca se dobregan co ballón.


Parsley, Sage, Rosemary And Thyme
Simon & Garfunkel

Fotografía de Roque Soto



Comentarios

Publicacións populares