Aquel mar insumiso e sempre meditado
-achegádeme ó mar
abrir ventanas
no arrepío da morte hei ver as ondas
¿Era aquel o teu mar do final da existencia?
Un mar nunca esquecido e acaso recobrado
nunha memoria póstuma
na estación das camelias que suceden á morte
onde a luz é certeza
Mar insumiso da desesperanza
cómplice do abandono coma unha ave
difundida no vento
Querías ver o mar en estado de fuga
o seu latir en tempos de infortunio
Busacabas a razón do teu destino
Na chuvia
Nos últimos navíos
No pacto das palabras
Nun aquel de escritura xa en quebranto
No vacío das cousas
No seu valeiro existencial e mudp
Ollabas no caderno perdido de follas amarelas
Na exigua permanencia das horas favorables
Na radical soidade
Na radical soidade
Na radical soidade coma un eco
Na radical soidade coma un eco
Vida secreta de Rosalía
Luz Pozo Garza
Fotografía de Roque Soto
Comentarios