O ceo nunha habitación
Cando estás aquí comigo,
esta habitación xa non ten paredes
senón árbores, si
árbores infinitas
e cando estás tan preto de min
é coma se, ese teito de aí
xa non existise.
Vexo o ceo que asómasenos
e así quedamos, abandonandónos,
coma se xa non houbese nada,
nada máis no mundo.
Soa unha harmónica
Pero semella un órgano
que canta para ti, e para min
alí arriba,
neste ceo infinito,
Para ti, e para min:
no ceo.
Gino Paoli
Fotografías de Roque Soto Soto
Comentarios