Espranza
O meu destino
foi amar a luz
no espacio nidio da vida entregada
na groria dun ceo virxen
hastra morrer.
Lume do día puro
na música inmorrente.
Crear a cegas
formas do esprito
que ninguem recordará.
Vencer a resistencia
nun inútil esforzo
Esquecerei aos do meu sangue
que me deron mágoa
mentras me dura a vida.
Que apodreza o seu rasto
na vida pasada.
Aínda
apousa unha pomba
nos bosques misteriosos de Irlanda
Ela e tí
sodes o meu amor
Eduardo Moreiras, no centenario do se nacemento
Fotografía: Tempo de luz, de © Emilio Blanco
Comentarios