Mamadou díxome
Mamadou díxome
Mamadou díxome
Esprememos o limón
Xa podemos tirar a casca
Os limóns son os negros
Todos os negros de África
Senegal, Mauritania
Alto Volta, Togo, Malí
Costa de Marfil e Guinea
Benin, Marrocos, Alxeria
Camerún e tutti quanti.
Os colonos fóronse con chundarantas
Solemnes discursos e bendicións
Cada pobo, é lóxico, dispón de si mesmo
E debe prosperar en harmonía
Unha vez que o desangraron
Que o cepillaron ben, despoxado de todo.
Os colonos fóronse
Deixaron no seu lugar
Unha nova elite
De negros ben branquexados
O mundo branco ri.
Os novos que curioso!
Son peores que os antigos
Seguro que é casualidade.
O mundo branco ri cando un sargentiño
Faise proclamar emperador con mil vanaglorias.
Despois de todo, non é tan grave mentres as terras
Sigan producindo para os brancos o necesario
O algodón, os cacahuetes, o azucre, o cacao
Enchen os barcos, saturan os almacéns.
Despois de todo, non é grave
Os colonos fóronse
Que África se arranxe!
Que rebenten os campesiños!
Os colonos fóronse
Incluíndo na súa equipaxe
Algúns barcos de escravos
Para non perder a man.
Algúns barcos de escravos para varrer as rúas.
Todos se parecen, co seu pasamontañas
Teñen frío na pel e aínda máis no corazón.
Alí está a fame e aquí a miseria
E como é necesario comer ás veces e despois durmir
Nos fogares-chabol vívese na sordidez.
Pero un día, a crise
Invádenos tamén
Que se lles devolva á súa casa!
Serán máis felices.
Que se lles dea unha propina
-Hai que ser liberal-
E para os que protesten
Unha boa patada no cu.
Enténdeo, señor, non é normal
Se papan o noso pan, axexan ás nosas mulleres.
Que se volvan aos seus cocoteiros a facer o mono
Todos eses negros nosos aos que tanto coidamos
E, ademais, o certo é que calquera cousa lles divirte
Sempre están a rir, son verdadeiros nenos.
François Beranger
Non xogues cos meus nervios
Fotografías: ©Mindy Schauer/Orange County Register, via Associated Press, - enriba -
©Ramón Espinosa / AP), - embaixo -
Comentarios