Paisaxe túa
Son unha ponla túa, mesmamente,
xesta amantiña no serán do peito,
regueiro novo, onde os peixes cantan,
chúvia da tua man amorosiña.
Maino, ventiño maino pola herba
da túa claridade de paxaros,
somente neste aire, nesta música,
vivirei, toda espida, coma unha árbore.
O paxaro na boca
Fotografía de © Roque Soto
Comentarios