Súplica a miña nai

As miñas palabras de fillo dirán dificilmente
algo a un corazón de min tan diferente.

Só ti no mundo sabes do meu corazón
o que sempre foi, antes de calquera amor.

Por iso teño que dicirche o que é horrible recoñecer:
xermola a miña angustia no seo da túa graza.

Es insubstituíble. Por iso está condenada
á soidade a vida que me deches.

E non quero estar só. Teño unha fame infinita
de amor, do amor de corpos sen alma.

Porque a alma está en ti, es ti, pero ti
es a miña nai e o teu amor é a miña escravitude:

escrava foi a miña infancia deste sentimento
alto, irremediable, de inmenso compromiso.

Era o único xeito de sentir a vida,
a única tinta, a única forma. Agora rematouse.

Sobrevivimos: é a confusión
dunha vida recreada á marxe da razón.

Suplícocho, ai, suplícocho, non queiras morrer.
Estou aquí, só contigo, nun futuro abril.


Pier Paolo Pasolini

©Fotograma de Mamma Roma




Comentarios

Publicacións populares