ADELFA BRANCA




Á beira do río

Quen será esa adelfa branca
que canta á beira do río?
Ten os beizos morenos
debaixo dun veo
ao sol agochados.

A esmeralda é o tesouro
deses ollos mouros
que a min vencéronme..

Se ergue o veo negro
o amencer eu vise
tan preto que é o meu castigo
andar os camiños
sempre detrás dela.
Dese amor son prisioneiro
que dáme un veleno
e por dentro queima.

Queres
Rumaykiya raíña miña quéreme.
Mira que eu vivo escravo do teu amor.
Que o corazón devórame
e espero a hora
do calafrío,
moura, moura, moura
Ai, a miña raíña moura.

Alá traíame o teu corpo
entre as nubes do sono
e o perfume das flores
que hai nos limóns
tenros do teu peito.
Brancos como a azucena
que dan as tebras
do meu pensamento.

Quixese pomba miña
coa luz dos luceiros
cantarche esta zambra ferida
para que ti saibas
o que eu che quero.


O galo de Morón

Carlos Cano (1946-2000)

Pintura de © Lita Kabjult



Comentarios