A morriña na vida cotián

A vida dos homes está composta de sensacións diversas: abrir unha fiestra e contemplar o espido amencer asombra os ollos; escoitar o canto do paxaro no solpor sobresalta o corazón; acariciar a tersura dunha pel esperta sensual folía. Esta sensitividad dos nosos sentidos corporais abre o camiño do sentir múltiple e diferente. Así de temperá aurora, que é ledicia inusitada, pasamos á morriña tristísima das noites insomes; dunha aflición amorosa que esgaza pode chegarse a descubrir un serán outonal que embriaga dozura; da cólera máis furiosa caemos nunha morriña acolledora, e do odio mesto a unha tenrura silandeira. Tan diferentes estados de ánimo sucédense uns a outros porque nacen dos episodios da vida cotiá. Nun breve espazo de tempo transcorren os dramas e gozos da alma en atropelado discorrer. A vida psíquica é un caos, carece de orde e sentido?


A melancolía
Carlos Gurméndez (1916-1997)

Fotografías de ©Trude  Fleischman

Comentarios

Publicacións populares