A muller lagarto


A muller lagarto
os teus ollos de insecto
a túa salvaxe sorpresa.
Cálida filla do silencio.
Veleno.
Volve as costas coa túa melancólica sabedoría.
Os ollos cegos non pestanexan
tras os muros nacen historias novas
e esperta gruñindo e xemendo
o alba estraña dos soños.
Os cans dormitan tendidos
Os lobos oulean
Unha criatura sobrevive á guerra.
Un bosque.
Un xemido de palabras entrecortadas, afogándose no río.



As novas criaturas
James Douglas Morrison (1943-1971)


Fotografía de ©Roque Soto

Comentarios

Publicacións populares