Centenario do nacemento de Eduardo Moreiras


As tres edades do Lor

Baixa a modo o Lor as terras do Caurel, saltando as presas pra soñar no relanzo. Laxes afiadas coma coitelos, roseiras silvestres enfoscadas no mato, pradiños con ringleiras de choplos onde pacen as vacas, casoupas pra gardar a palla e pra se recoller na chubascada... E, sobor de todo, o misterio da montaña.


...
O Lor-neno é un picariño probe fermoso de zocos enrugadiños no inverno, desclazo no vrán, cheo de música interior, isa música que aloumiña as entrañas duras da terra e as cobre de fermosura.

O  Lor-mozo prende no peito a roseira dun corazón e durme todas as noites cunha morea de estrelas na mau.

O Lor-home, cando encontra o Sil oao pé de Auga Levada, onde se cumpre a fusión suprema, non sabe o que é isa forza asoballante que tanto ten de morte coma de xénesis, pois aínda é mozo e os choplos do Freixeiro cantan as primicias do amor na primaveira. Xurde entón, dos cumes ispidos, unha labarada de paixón e pureza.


Primaveira no Lor
Eduardo Moreiras



Nestes días incertos-O Lor. Fotografía de Emilio Blanco.

Comentarios

Publicacións populares