Letras Galegas 2014
Ó meu irmán
Ti dixeche que a morte que te mataba non era túa,
quixeches morrer no outono nunha noite de pouca lúa
no colo dondo da morna brétema nunha quietiña mañan,
pouco a pouco como a lúa enterra os cornos tras Arxán.
O derradeiro rio que mirache foi o Miño;
no camiño de Lugo, foi o teu derradeiro camiño.
Descansan agora pra sempre os teus pes peregrinos,
e te arrula música celestial nunha tarde de pinos.
Xa non desorballas máis os prados de Galiza,
anque o tempo cada vez se alongue de Parga á Pastoriza,
seguirán levando o teu nome lonxe Os ventos fuxidos
por vellos e novos camiños, xa esquencidos...
O derradeiro verso que escribiches foi en Guitiriz,
e descansar pra sempre aquí era a túa teima felíz.
Para os Vilares, no Vilariño amado, onde ti naciches
foi a túa lembranza, xamais a tiñas esquencido.
Os que ti quixeches, seguísmote querendo na inmortalidade
deixachenos amoucidos, e o teu vacío para nós é de longa orfandade
Acabouse pra ti o mundo que dhe deron; saliches caladiñamente,
cúmprese o teu verso, a beleza foite ferindo pra sempre.
Serafín Díaz Castro
Pintura: Icaro, de ©Santiago Caneda Blanco
Comentarios