TÚAS PUPILAS

Quixen mirar o mundo cos teus ollos

ilusionados, novos,
verdes no seu fondo
como a primavera.
Entrei no teu corpo cheo de esperanza
para admirar tanto prodixio dende
 o claro miradoiro das túas pupilas.
E fuches ti a que acabaches vendo
o fracaso do mundo coas miñas.


Outonos e outras luces
Ángel González

Fotografía de ©Glazastik Finch

Comentarios

Publicacións populares