Son homes que se morren sen haber visto a mar

Os séculos de silencio,
que tanto pesan,
dóenche máis, amigo,
que a tristura,
que a tristura
de ver que é para o amo
o que ti sementas.
Por aí van,
son homes que se morren
sen haber visto a mar.
Traballaron cen anos,
que conseguiron?,
a sombra dunha aciñeira
cando morreron,
cando morreron
cubriu por fin a terra
todos os seus soños.
Por aí van,
son homes que se morren
sen haber visto a mar.
A voz do labrego,
que foi agochada,
entre petoutos e vales,
campo e fatiga.
Campo e fatiga
foron voces sen eco,
toda a súa vida.
Por aí van:
son homes que se morren
sen haber visto a mar.
Pero a túa voz durmida,
non é para sempre,
podes cantar agora,
berra máis forte,
berra máis forte
non pidas por favor
o que te deben.



Canción do segundo sinxelo do cantautor extremeño no que tamén se incluía Por una calle de Cáceres (1970)Pablo Guerrero (1946)


Fotografía de ©Roque Soto

Comentarios

Publicacións populares