Teño unha man que esgarra e súa as paredes dos retretes,
sentencia nos faiados dunha idea, nas túas propias mans, os meus ollos
ou na velocidade da estrea dun silencio.
A man non vén dun brazo que dá nun cóbado...
pero axexa
no estremo dos meus ollos as túas vidas -fora de min-,
¡un rosario de espantos e arrebatos
que exploraría
como fozarían os meus dedos nos baúis dos esquecidos!
E esa man, insólita e aprendida, camiña soa a un tempo
en mundo intocables e miserias corporais que apartas,
coma do teu seo fillos.
Comigo
e os despoxos de vós nace a historia
en min.
Tigres coma cabalos
Xela Arias
Fotografía de ©Brassai
Comentarios