Casa do Pasado
Certa noite, unha Visión chegou ata min, traendo con ela unha antiga e oxidada chave. Levoume a través de campos e sendeiros de doce aroma, onde as sebes xa murmuraban na escuridade primaveral, ata que chegamos a unha inmensa e sombría casa, de ventás conspicuas e tellado elevado, medio escondido nas sombras da madrugada. Notei que as persianas eran dun pesado negro e que a casa parecía revestida por unha paz absoluta.
-Esta -murmurou ela no meu oído-, é a Casa do Pasado. Ven comigo e percorreremos os seus cuartos e corredores; pero búlete, pois non terei a chave por moito tempo e a noite xa case se remata. Aínda así, por ventura, debes recordar!
Algernon Blackwood
Fotografía de © Roque Soto
Comentarios