BEIRA IMPRECISA
/beira imprecisa
na distancia sen fondo que enche o corpo
/de afastado vacío
estar nesa caeira delongada de dor co tempo
/en contra
como a escura lentitude dunha ausencia
/hora a hora
o silencio é a noite en mi mesmo e unha
/palabra acende o corazón de soidade.
Seivas de amor e tránsito
Miguel Anxo Fernán-Vello
A summer child. Fotografía de ©Emilio Blanco
Comentarios