Letras Galegas 2014
Revelación
(visión soñada nunha noite de inverno)
Cuase chorei cando o vin.
Viña polos montes solo,
corre, corre, coma un tolo
cara a min.
Traguía un gran violín
vello sen cordas, colgado
por un lado,
e ó lombo un saco baleiro
sobre un vestido rachado
é o máis triste da visión
é que o vir polo carreiro,
deixábao ensanguentado:
¡traguía o probe chantado
un puñal no corazón!
Como se me coñecera,
parouse lonxe, un momento...
e berreille: "acouga, espera:
¿quen es ti, que vés así?
Quedeime da coor da cera
cando esta voz veu no vento
"¡Eu son ti!"
Xosé María Díaz Castro
Fotografía O Saturno e o seu can, de ©Antonio Vidal
Comentarios