Mar de marzo


Estou a deixar mar de marzo as túas ribeiras
No meu vello xardín do corazón de outono,
porque devalan corpos e apáganse na escuma
Sexa boa esta hora, xa chegados
A praia do adeus e sen desdita.
Cos teus ousados signos e designios puxeches
Irremediable en min o teu libro ateigado
De mornas e proibidas latitudes.
¡Con que compás o tempo ergueu músicas grandes!
Has esconde-la luz, deus das orixes, Mar
Que con letra de bris debusache-los nomes
Esquecidos de tantos desatados en ti
Nunha campa de area naquel último norde,
Como un anceio inmenso que borrase degaros
Procureite entón, extranxeiro e perdido.
¿Darasme mar a morte nos poentes de agosto?
¡Roubara-la palabra como ó sol no serán?



De designium
Ramiro Fonte (1957-2008)


Mariña luguesa. Fotografía de ©Emilio Blanco

Comentarios

Publicacións populares