Nai

Foi a terra,
a súa arxila máis doce,
a que naceu en nós,
traendo a voz secreta da tenrura
no sangue,
levedando no centro do tempo
o corpo e o mundo.
Un volume de amor
estrmeceu a semente e a alba,
e medrou o brillo íntimo da chovia,
e acendeuse na carne unha estrrela.
Somos esa exhalación rosada
que en ti regresa,
nos teus ollos que un día
foron o futuro
Somos a túa soidade
e o teu desexo,
errantes e perdidos na noite.
E estamos unidos a ti
polo fío invisíbel
da morte.

Dicionario do estremecemento
Miguel Anxo Fernán Vello


Nai e filla
© Belarmino Miranda Montoya


Comentarios

Publicacións populares