Outros enfoques

O jazz esa arte do que non me sae agora a frase acertada para describilo, é un dos ámbitos revisitados a miúdo polos seus outros irmáns, algúns creceron con el durante o século XX, é dicir fotografía, cine e cómic, aínda que a irmá maior, a literatura, tampouco lle fai noxos á súa sonora e inspiradora presenza. Bo, póñome insistente, e digo ademais: o jazz non falla tampouco na rede. ¡Busquen! atopase abundante material de diferentes etapas e ruidos de mil maneiras interpretados.

Outros enfoques serviume para facer dúas homenaxes: un a esa música metade anxo, metade diaño; e dous, recordar ao inesquecible William Claxton (1927-2008), quen tamén tivo tempo para captar belas imaxes do ambiente do jazz, onde nada se lle escapaba, desde os escenarios dominados por claroscuros ás rúas onde os músicos como xente que son desenvolvían a súa vida. No difícil momento de elixir da ampla obra fotografa de Claxton, ao final quedeime coa fotografía da mil veces escoitada Lady Day, tan negra, como unha arquitectura axardinada de necesidade, e quizáis, de abafante desexo.


Tamén está outro virtuoso da música negra: o trompetista Freddie Hubbard, sorrindo xa coa experiencia que da idade madura. 


Por último, gústame ese riseiro mozo Art Pepper, aínda con folgos para percorrer se non me equivoco os outeiros de Echo Park nos Ánxeles, sen máis compañía que un espido saxo alto e pito en combustión, talvez dous dos seus auténticos amores como foi a heroína que o deixou fóra de circulación durante dúas décadas.






Comentarios

Publicacións populares