EN CADA OUTEIRO


Paisaxe da neve

Luz manca, en coiros,
buscando a roupa que lle levou o vento.
En cada outeiro un desafío
en cruz; batido do solano
e consolo isolado, feble, da salvación.
Emigraron os paxaros da alba
pol-as liñas magnéticas do rencor.
Adeus. Moi alá ¡adeus!

Brilo de sables que adentan
como chacales o cadavre
de unha Lua-pantasma.
As vontades en loita corpo a corpo
nun danzar alternado de arroaces;
e as ondas da neve –cabras celestiales–
morden as aristas dos penedos.



Xosé Otero Espasandín (1900-1987)
Revista Nós, 15 de agosto de 1933


Fotografías de ©Emilio Blanco




Comentarios

Publicacións populares