Un prólogo

Anos despois, cando cheguei a Queiroga, farteime, o que se di, de escoitar contos falados. Millor dito, non me fartaba nunca. E prendeu en min a idea de que unha literatura que non ten qué contare é cuasemente inconcebíbel. Ca literatura galega non pasa eso. A súa narrativa diu un estirón de moito sandiós no derradeiro sigro. Hai contos para todos. Pra vellos e mozos, pra galegos-galegos e prós que anden de visita polas nosas terras. Agora xa podemos decir os galegos que cantamos e contamos. Os contos destos derradeiros anos teñen pulo, orixinalidade e mais engado.


Ánxel Fole
Lugo, 1982
Cartafolio galego

Portada de Terra Brava e gravado de Á lus do candil. Editorial Galaxia.



 
Coido que Galicia vai tendo conciencia de si mesma, que Galicia comenza a ser Galicia.

As meigas, os trasgos, as queimadas, a zanfona, as ánimas en pena, Pepa Loba, Rotaina das noces, Xiringaito, o botelo de Fonsagrada, o touciño con castañas, a saudade, as troitas do Asma fritidas con unto..., voltamos a enxebrizar Galicia... Xa era tempo.

Estaba sonexando diante duna copa de coñac medio baleira. Esvaraban as pingueiras da choiva nos vidros da fiestra. Na miña mesa de traballo, metida nunha carpeta tiña máis dun cento de folios mecanografiados. ¿Que sería o autor? Esquecérame de quén era aquel traballo literario que tiña diante de min... Eu pensei: Isto pasa en Galicia, o país do misterio. Fixen memoria... Transfollei e viñen a dar nas derradeiras follas con nome: Contos, lendas e namoros, por Xulio de Abral (Xulio Eyré Lamas). 

A xeito de prólogo [A Contos, lendas e namoros]

Comentarios

Publicacións populares