Centenario do nacemento de Eduardo Moreiras
A onda lumiosa
Ás catro da mañán xa quere alborexar o novo día. No ceo da Rodela aparescen prumaxes, tinguelean axóuxeres soaviños. Nista hora de trégola a noite axexa, coa espada núa, a invasión da luz.
Sobor dos tellados de Vilar, os luceiros pingan zume de diamante. Alporízome matinando si os durmentes estarán deitados asegún as regras do Dhammapada: O corpo sobor do lado direito, orientado na liña Norde-Sur, de xeito que os meridiáns magnéticos entren pola cabeza e saian polos pes.
Vou polo carreiro da serra imaxinando qué soños terán, baixo isa onda tremelante na que vivimos sulagados e núos.
Primaveira no Lor
Fotografía de ©Roque Soto
Comentarios