O cotián


Para o amor non hai ceo, amor, só este día;
este cabelo triste que cae
cando te estás a peitear ante o espello.
Eses túneles longos
que se atravesan con arquexo e asfixia;
as paredes sen ollos,
o oco que resoa
dalgunha voz oculta e sen sentido.

Para o amor non hai tregua, amor. A noite
non se volve, de pronto, respirable.
E cando un astro rompe as súas cadeas
e velo serpear, tolo, e perderse,
non por iso a lei solta os seus ganchos.
O encontro é a loucuras. No bico mestúrase
o sabor das bágoas.
E no abrazo cingues
o recordo daquela orfandade, daquela morte.



Rosario Castellanos


Fotografía de © Mecuro B Cotto

Comentarios

Publicacións populares