COMO UNHA FOLLA NO CHAN


O nacer  do neno

Casa sen porta,
fiestra sen vidro,
vagalume sen lumeira,
paxariño sen niño.

Encoiro, como unha folla no chan.

Chove, neniño, chove!
E ti tremes, mentras chove.

E ti choras, mentras chove.

E chove, neniño, chove!
Escomenza a túa morte antre a lameira do mundo.
Sangue famento con ollos como buratos sen grilo.
As pingueiras, como agullas afiadas dunn ourizo.
han de ir mordendo nas uñas dos teus pés ó camiñar.
E os padrenuestros das beatas e as esmolas cristianas,
pra os nenos que nacen orfos de auga e fariña pró pan.

Chove, neiño, chove!
E ti tremes, mentras chove.

E ti choras, mentras chove.

E chove, neniño, chove!
Encoiro, como unha folla no chan.


Un tempo de sol a sol
Manuel Lueiro Rey
Fotografía ©AP / Biswaranjan Rout)

Comentarios

Publicacións populares