Retorno
Indefinidamente,
de sombra e onda,
queimada en sal e espuma e caveiras imposibles,
se me entristece a tristeza;
a tristeza sen órbita que é miña
desde que o mundo é meu,
desde que ardeu a tebra
anunciándome,
desde que se fixo meu o motivo inicial
de todo choro.
Como que quero amar
e non me deixa o vento.
Como quero retornar
e non acerto o porqué, nin onde volvo.
Como que quero asirme á ruta da auga,
e toda sede morreu.
Indefinidamente...
¡Que palabra máis miña;
que espectro do meu espectro!
Xa non hai nin voz,
nin bágoas,
non hai espigas remotas,
non hai naufraxios;
non hai ecos;
nin sequera unha angustia;
¡ata o silencio morreu!
Que dis, alma, fuxirme?
Onde chegarei onde non estea eu mesma
tras a miña sombra?
Julia Burgos
Amencer nas Catedrais. Para a pequena que corria trala pelota. Fotografía de Emilio Blanco.
Comentarios