Valle-Inclán
Unha das grandes admiracións literarias do Cilistro era mesmamente Valle-Inclán e, como pode supor, era un devoto lector e coñecedor da súa obra. Na súa interpretación, a personalidade galega de Valle-Inclán está plenamente patente na súa obra, tanto na de tema vencellado a Galicia coma na de tema directamente español. Na primeira, non só polo tema mesmo senón pola musicalidade da lingua e pola atmósfera tradicional arcaizante. Na segunda, porque a súa visión da historia de España é unha visión irónica -a mesma actitude profunda dos galegos-, en Valle potenciada expresivamente pola estética esperpéntica.
Ramón Piñeiro sobre Perfil galego de Valle-Inclán, de Celestino Fernández de la Vega
Valle-Inclán, en Recoletos (Madrid) 1930. Fotografía de ©Alfonso Sánchez Portela
Comentarios