Eu, un parviño
Eu, un parviño, daquela
non deprendera a chorar.
Tiña no fondo unha arela
de bulir e de brincar.
.
Dempóis... a morte na terra.
Fames e fríos e guerra
Anguria e cinzas no lar.
Cadelos e máis cadelos.
Coitelos e máis coitelos.
Frechas e cruces no ar.
Sólo no pieto unha estrela.
Eu, un parviño, daquela.
Agora non sei cantar.
Fírgoas
Manuel Luís Acuña
Neno. Óleo de ©Manuel Prego
Comentarios