Os nenos

Non teño galanos dabondo, miniños,
non teño cantigas, paxaros nin flores,
levo os petos limpos de luces e amores.
Son o máis probe de todos os mediños.

¡Si eu tivera a lúa das vosas arelas!
Mais é triste o inverno, ¡e que lonxe a lúa!
E na noite pecha da vellice crúa,
ulo meus cabelos pra acender estrelas.

Non teño bonecos... Ai, quén for moinante
con barbas de chivo, con bursa dourada,
pra prender na mecha dunha gargallada
e incendiar o mundo ca risa trunfante.

Mais non teño causa , ni xiquera hestoria,
pra vos dar mantenza de mortos e vivos.
Son o cativo de todos os cativos.
Ai, os nenos lindos, ¡si eu tivera a groria!


Fírgoas
Manuel Luis Acuña

Pintura de Manuel Prego de Oliver


Comentarios

Publicacións populares