Letras Galegas 2014





Eros

¡Máscaras e máis máscaras!¡Hai que cegar a Eros!
¿Quén seu rosto radiante aturar pode
cando el, coma un solsticio do vran, vén
o preludio a romper da primavera?

Hai de sotaque un cambio na conversa.
Todo se torna serio... Algo berrou...
E él bota sobor deles -cal se fora
o interior dun templo- un tremor inefable.

¡Ai perdidos de súpeto, ai perdidos!
Moi aixiña se abrazan como deuses.
Xa a vida se torceu, nace o destino.
Dentro queda choranda un manancial.




Traducción de Letzte Gedichte (1924), de R.M. Rilke
Xosé María Díaz Castro


Ilustracción de ©Angelica Alzona


Comentarios

Publicacións populares