Fonte de San Cosme

Na fonte de San Cosme bebimos a morro uns grandes grolos da auga da pía, que nos fixo baleirar, de alí a pouco, todo canto tiñamos dentro. Todos tres, con premiso da súa cara, trousamos coma cas, fóra a ialma, e co iso fóisenos indo a pesadeza i escomenzamos a nos poñer ledos coma rapaces, sen sabere por qué… 

Ó lonxe víase no ceio un tramo aceso polo lume do pazo, e cada un ollaba pra aquel costado do áer cando coidaba que os outros non o vían. Pro non nos dixemos ren, coma se non tivesemos que ver co aquelo… Eu ía cavilando que o lume se fixera grande de tan sócato porque pegaría na leñeira que estaba a par da bodega, que eu ben a vin cando o alquitareiro ía buscar os mollos pra o lume…


Eduardo Blanco Amor
A esmorga

Fotografías de © Roque Soto





Comentarios

Publicacións populares