Cancioneiro
Benedicto García Villar (Santiago de Compostela, 1947) é membro fundador do movemento de nova canción galega nos anos sesenta (Voces Ceibes) e protagonista directo da evolución da música popular de Galicia do século XX, á que achegou algúns discos e moitas actuacións. Dos primeiros, está o seu segundo elepé Os nomes dás cousas, gravado no ano 1978 coa colaboración do músico e compositor arxentino Alberto Gambino.
Dentro da liña da denominada canción de autor, neste caso cun carácter intimista que ofrece un fondo calado de sentimentos, está a peza titulada Un día, de cuxos retrousos saíu o título do mencionado disco.

Un día
Un día non estaremos
nada seremos
nin xiquera recordo.
Haberá mar bravío
no que antes era montaña
onde agora témo-la casa.
Os nomes das cousas
a forza de usalos
mil veces terán mudado.
Un día non estaremos
non soñaremos
quimeras
por moitos amadas.
Sonarán novos cantos
asubíos de espranza cercana
do paxaro cantor de alboradas.
Os nomes das cousas
a forza de usalos
mil veces terán mudado.
Un día non estaremos
xa non seremos
nin sombra do vento que pasa.
Un día non teremos nin pesares
nin ledicias, sentimentos, alma.
Os nenos entón
non xogarán ás fadas
escoitade:
Xa cantan!
Os nomes... das cousas...
a forza... de usalos
Un día non teremos nin pesares
nin ledicias, sentimentos, alma.
Os nenos entón
non xogarán ás fadas
escoitade:
Xa cantan!
Os nomes... das cousas...
a forza... de usalos
Comentarios