Centenario de Eduardo Moreiras


O Premio


Sempre que paso diante do teléfono, párome a ollar a caixiña de morto perguntándome si chamaréi ou non. Teño, agora, anceios de atopar os labios frescos, ouvir no meu hombreiro a voz soñada, pero recoñezo o valor do mito, creación soio posibel nas ausencias longas e definitivas. Crear a Laura é cousa miña. Facela vivir definitivamente no reino supeiror do esprito é a miña teima nistas horas de dúvida. Pra me distrair, collín a araña e leveina a terraza. 


He alí un piñeiro enano prantado nun caixón. A araña é presumida e traballadora e góstalle moito, posta nunha pónla, tecer coas finas patiñas, un fío sensibre, cruzalo en diagonais, deterse a contemprar a obra.



Fogo solto



Filme © The Gost Writer

Comentarios

Publicacións populares