Epitafio para unha rapaza

Porque che foi negado o tempo da dita
o teu corazón descansa tan alleo ás rosas.
O teu sangue e carne foron o teu vestido máis rico
e a terra non soubo o firme do teu paso.

Aquí empeza a túa sementeira e remata xuntamente
-tal entérrase a un vencido ao final do combate-,
onde a auga en novembro calará a túa tenrura
e o ladrido dun can teña voz de presaxio.

Quieta a túa vida toda ao tacto da morte,
que ás sementes pode e acerna os brotes,
quedaches en botón sen abrir, e xa nunca
saberás o estalido floral de primavera.




María Victoria Atienza



Obra de Henri de Toulouse-Lautrec

Comentarios

Publicacións populares