De sutaque sorpendín á maña
entrando na vila.
cantando da mao da fina chuvia.
Cos pés espidos e mollados
viña dos camiños verdes, profundos.
Dedos de vento transparentes, valeiros,
en bruñiadas bandexas.
Skerzo da zoca na acera
Leda canción
E debaixo do mantel de liño fresco
a muller do obreiro leva as doce campanadas.
Unha canción que cae e se levanta.
O po nas ás e tamén o ceo.
Unha canción tan lonxana e lene
como a sombra do aire sobre a herba.
Ata min chega tan só en anacos;
mais eu enténdoa exacta e enteira,
como a sombra do aire sobre a herba.
Sombra do aire na herba
Luis Pimentel
Fotografías:
1. fuente: http://www.waterandsolar.co.za/
2. © Alibibi
Comentarios