Postais galegas


Ramón Parada Justel (Esgos, 1871 - Ourense, 1902) pertenece ao que se veu a denominar Xeración Doente, un grupo de artistas plásticos galegos que desenvolveron a súa actividade pictórica ao carón do periodo que vai da Restauración a crise pola perda das últimas colonias de América e Asia. Un pequeno colectivo que se caracterizou polos aires de búsqueda de novos vieiros para a súa arte, unha laboura que se viu interrumpida pola morte en plena xuventude dos membros de dito colectivo, entre eles o propio Parada Justel. O pintor ourensán morría aos 31 anos e deixaba un importante legado no cal se manifestan as inquedanzas dun home comprometido con seu tempo o cun arte no que aínda tiña moito que dicir. 

Proba da súa andaina pictórico son algúns dos seus cadros, dende paisaxes a figuras espidas, pasando por escenas cotidiáns dunha sociedade en decadencia á que os pintores da Xeración Doente, que tan ben representa Parada Justel, intentaban sacar do seu adormecento e fosilización, dacordo cun arte cara a renovación.

Unha boa parte do legado artístico do pintor de Esgos está exposto ao público co tíotulo Os satélites, mostra organizada por el Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense no Centro Municipal José Ángel Valente (Rúa do Paseo, 20. Antigo Banco de España). Ata o 2 de febreiro de 2015.

De martes a sábado: de 11.00 a 13.30h e de 18.30 a 21.30 horas
Domingo: de 11.00 a 13.30 horas
Luns e festivos, pechado

Comentarios

Publicacións populares