Volver a Lugo cando sosega o tempo



Volver a aquela primavera que fuxía das mans
algunha verba en soedade
algunha noite coma un sopro
sobre das almofadas húmidas de silencio.

Volver a ollada lonxe en vidas sucesivas
nomear ese río que chamamos pasado
a palabra inmediata que ven dunha certeza de muralla

no poder esquencer pórticos descubertos ou azuis ignorados
que foran presentidos nun poema de Luís Pimentel
na forma de recordoque precede á existencia.

Na excesiva demora
alguén pechou os ollos a falta dunha imaxe demente.
Na memoria do tempo pasan brisas mudables.
O que existiu ben puido ser soñado ou talvez predecido
acaso precisado nesa reminiscencia
que permite asumir escuras profecías.

Volver a primavera que fuxía
nun xeito de mudanza repentina
conciliar os espacios os lamentos
as últimas palabras dun recinto secreto
poder ouvir cando sosega o tempo unha fuga de bach
nun violín invulnerable e mudo.

Códice Calixtino
Luz Pozo Garza

Imaxe © Roque Soto

.

Comentarios

Publicacións populares