NA BRÉTEMA SE ARRANDEA
Lectura autumnal
Na serán escalazada
remanece o meu fastío
no azul dos tolle-merendas
e no marelo dos bimbios.
Na brétema se arrandea
meu corazón esquecido,
mentres o orvallo destece
os contornos fuxitivos.
Cando queiras podes vir,
feliz ensono perdido,
que a luz xa vai debecendo,
das mans escorrega o libro
e nas fiestra, embazados,
choran docemente os vidros...
Na serán escalazada
remanece o meu fastío
no azul dos tolle-merendas
e no marelo dos bimbios.
Na brétema se arrandea
meu corazón esquecido,
mentres o orvallo destece
os contornos fuxitivos.
Cando queiras podes vir,
feliz ensono perdido,
que a luz xa vai debecendo,
das mans escorrega o libro
e nas fiestra, embazados,
choran docemente os vidros...
Seitura
Fermín Bouza-Brey
Fotografía de © Valentin Stanciu
Comentarios