Os oleiros
As pezas que saían dos alfares e as telleiras tiñan, á parte do sentido fundamentalmente utilitario, nalgúns casos utilidade de orde simbólica, máxica ou lúdica. Tales casos atopamos por exemplo nos lillos, xoguetiños fabricados polos alfareiros para os cativos, as trompas ou bucinas de barro usadas no entroido para facer barullo, os xarros da trampa para gastar bromas co viño ou o uso máxico das tellas para determinados rituais mariñeiros.
Os alfareiros
Centro de Artesanía Tradicional de Vigo
Fotografía de © Roque Soto
Comentarios