Outros enfoques



Julia Minguillón Iglesias ( Lugo, 17 de xullo de 1906 - Madrid, 22 de agosto de 1965). 

A artista é a única muller que obtivo a primeira medalla de Primeira Clase nunha Exposición Nacional de Belas Artes. Foi a do ano 1941, grazas á súa obra máis coñecida: A escola de Doloriñas. Desde 1941 volvéranse organizar as Exposicións Nacionais e ese foi o escaparate en que Xulia logra importantes éxitos. Estas eran un mostrario oficial do Réxime nas que participaban case sempre os máis afíns. Os outros, os opositores, fuxiron, morreron ou foron rexeitados.

A pintura figurativa de Xulia adecuábase ao gusto estético da posguerra. Traballou coa paisaxe, os retratos, escenas cotiás, alegóricas e algún tema relixioso. O resultado defínese polo excepcional dominio técnico, a constante preocupación polas composicións equilibradas, os puntos de vista elevados e o uso de cores suavemente integradas. Son cadros en que non esquece a realidade, que é a fonte de inspiración, nin a figura que ás veces xeometriza, cun claro protagonismo feminino. A súa é unha realidade peneirada na que o espectador non ve nin miseria, nin amargura; algúns denomínana estética da felicidade.

Concepción Sabucedo Álvarez


A Tyla e mais eu


A escola de Doloriñas


Esquina do Cantón


A nena e maila bolboreta


Maternidade


Retrato de rapaz


Luz de tormenta


A familia xitana


Pepiña na fonte


Sonos


Retrato de Cascarilla

A muralla


Sen título


Comentarios

Publicacións populares