Teresa Ferro Boó

Unha estreliña sin par...
¡Non se me cai da memoria:
versos me pideu, e gloria
quixera ter pra lla dar!

Con un suspiro a agasallo,
e, si asinte, co deseio
de que lle depare o ceio
un mozo coma on carballo.

Digno desta viril Tresa,
flor da miña devoción,
que máis que ouro que pesa,
pois si o Parnaso lle intresa
é porque ten corazón.




Do ermo
Antonio Noriega Varela





Froita madura, pintura de Máximo Ramos
Se eu encontrase a estrela que me guiara, fotografía de Roque Soto

Comentarios

Publicacións populares