Aureana do Sil

As areas de ouro aureana do Sil
son as bagoas acedas que me fas chorar ti
Si queres ouro fino aureana do Sil
abre o meu corazón tes de atopalo ali.

Co que collas no río aureana do Sil
mercaras cando moito un amor infeliz
Para dar cun cariño verdadeiro has de vir
enxoitar os meus ollos aureana do Sil.


Ramón Cabanillas

Fotografía de © Roque Soto

 

Comentarios

Publicacións populares