Alcipestre

Lápiz
a notar silenzos
Por cada morto unha cruz na terra,
no azur un luceiro.
Bágoa
cristalizada
no sistema romboédrico.
Estalamicta
dependurada no vento.
Fuso con que a noite afía
asmanelas do neboeiro.
Pantásteco
pecoeiro
a gardar as badaladas,
recorderis
e mementos.
Arbre emisor de salaios.
Pau de amarre pra os vencellos
Antena a captar friaxes.
Cadoiro no bris aceso.


Fírgoas
Manuel Luis Acuña

Fotografía de ©Jessmine

Comentarios

Publicacións populares