Ouvea o lobo

Ouvea o lobo xunto a cruz de pedra,
i o Cristo non se arredra!,
que xa, ó sol posto, non está soliño:
dunha luz, luz de verme, se acompaña,
porque inda hai na montaña
quen lle colma de aceite o faroliño...



Do Ermo
Antonio Noriega Varela


Fotografía © allwallpapersnew



Comentarios

Publicacións populares