O recuncho de Antonio Vidal
Ir a Lugo aos finais dos cincuenta era como coller unhas vacacións hoxe en día, motivo de alegría e desexo de ver algo novo. A estación, a espera, a chegada do tren, faltaba tempo para subir, case tres horas de camiño que un non aguantaba sentado nos duros asentos de madeira dos vagóns de terceira, tragando o fume que se coaba no interior ao pasar por algún tunel. Chegada a Lugo, subir as escaleiras e de súpeto as maxestuosas murallas, que tantas xeracións de lucenses viran pasar. As rúas o parque, durmir no Paramés, aquí almorzábase, as tapas e a comida nalgunha taberna ou restaurante. O cine logo pola noite chamar "O Sereno" para que abrise a porta do Paramés. Deixar limpar os zapatos, admirando a aqueles artistas que sentaban diante dun nas súas pequenas banquetas. Logo o regreso, quedando no recordo os marabillosos intres que se habian vivido; e na cámara fotográfica, unha chea de fotos que o Antonio disparaba en calquer esquina da cidade .
Texto de Pablo Vidal sobre vivencias a beira do seu pai Antonio, quen captou as imaxes na capital da nosa provincia. Para máis información, fotografías e vídeos, ide a:
http://sanclodiolugo.blogspot.com/
Comentarios