Bosque sagrado

Un bosque sagrado abrollando do río
foi Lugo nas orixes perdidas no tempo.
As néboas que envolvía prendábase dos fentos
as ponlas eran pródigas en lique foliáceo
e os druidas veneraban o acibo ritual.
Despois das grandes talas e das queimas
fuxiron os cervos de lume na caluga.
Co último carballo caído entre murallas
non quedou máis reduto da estirpe de Lugh
pero o bosque sagrado que cantaran os bardos
agromará algún día sobre a pedra de gran.





Lugo Blues
Claudio Rodríguez Fer



Pinturas de Julio Minguillón. A muralla e Luz de tormenta


Comentarios

Publicacións populares