Es a terra e a morte
Es a terra e a morte.
A túa estación é a escuridade
e o silencio. Non existe
nada máis afastado
ca ti da alba.
Cando pareces espertar
es soamente dor,
tela nos ollos e no sangue
mais ti non sentes. Vives
como vive unha pedra,
coma a dura terra.
E vístente soños
movementos saloucos
que ti ignoras. A dor
coma a auga dun lago
tremer e circúndate.
Son círculos na auga.
Ti déixalos disiparse.
Es a terra e a morte.
A terra e a morte
Cesare Pavese
Fotografías de © Roque Soto
Fotografías de Roque Soto
Comentarios