Letras Galegas 2016
I
Dame esa luz namorada
e doces verbas de mel,
un aloumiño na ollada,
nos ollos un carabel,
Pastora de Pastoriza
teu sorriso ilumiñado
é a luz que enfeitiza
ó soño máis ensoñado!
O meu amor pastorciña
-dame esa luz namorada-
é puro como a estreliña
que nos aluma por nada!
II
Outeiro subíu ó outo
pra ver as ondas do Miño-
E cando quixo baixar
non atinou co camiño!
III
Medio Outeiro dá ó Miño,
outro medio a Terra Chá.
Eu, na mitá do camiño:
o que ha de vir chegará!
IV
Lugares da terra miña
non sei cando os verei:
Cancela, Torre e Agriña,
A Revolta e Ximarei...!
V
O noso idioma é a luz
que ilumiña ó noso ser.
Renunciar a nosa língoa
é semellante a morrer.
Comentarios